RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo regresou esta mañá ao traballo en Abegondo

Os futbolistas titulares onte en ABANCA-RIAZOR adestráronse a menor ritmo esta mañá en Abegondo, na volta ao traballo do Deportivo.

Para este grupo de futbolistas houbo, após un quecemento, roldo, ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para o resto do cadro; hoxe tamén cos xuvenís Dani Barcia, Padín e o meta Brais; a sesión foi de alta intensidade, cun circuíto físico, posesión e fútbol en espazo reducido.

Realizaron traballo específico, entre o ximnasio e o céspede, Uche, Keko e Héctor.

Mañá martes 26 de xaneiro haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o mércores 27 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo para comezar a preparar o encontro ante o Unionistas de Salamanca CF, previsto para o domingo 31 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, TVG).