RCD / NOVAS

O Deportivo supera os 23.000 abonados

26/11/2018 11:26

Após a promoción dos pasados días 23 e 24, nos que os afeccionados do Deportivo podían adquirir o seu abono para o que resta de temporada a prezo de segunda volta, o Real Club Deportivo superou os 23.000 socios. A día de hoxe o Club conta con 23.048 abonados, 21.864 deles con asento e acceso a todos os partidos en casa do equipo. O resto corresponden a Nen@s Dépor (376, con acceso a todos o partidos pero sen localidade asignada) e socios amigo (808, con acceso unicamente a un encontro). Do total de abonados, 2.157 son novas altas e o resto renovacións. O 81,67% pasáronse polas oficinas do Club mentres que os demais tramitáronse online ou a través do servizo de ABANCA.

A Oficina de Atención ao Deportivista continúa aberta para altas e renovacións na súa localización provisional dos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres.