O Deportivo viaxa a Córdoba, vía Sevilla, este venres e regresa o domingo
O Deportivo desprázase este venres 19 de outubro a Córdoba, vía Sevilla, para visitar o sábado 20 (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) o estadio cordobés do Nuevo Arcángel, en choque correspondente á 10ª xornada en LaLiga 1|2|3.
O regreso á Coruña, tamén vía Sevilla, será o domingo.
O plan de viaxe é o seguinte:
Venres 19 de outubro 11:00 (pendente de confirmación): Adestramento en Abegondo 15:05: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla 16:30: Chegada aproximada e traslado en autocar a Córdoba 18:45: Chegada aproximada a Córdoba e aloxamento en hotel Tryp Córdoba
Sábado 20 de outubro 11:00 (pendente de confirmación): Adestramento na Cidade Deportiva do Córdoba CF 20:00: Córdoba CF - Deportivo, no Nuevo Arcángel
Domingo 21 de outubro 10:00: Adestramento na Cidade Deportiva do Córdoba CF 16:15: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña 17:40: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña