RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo viaxa a Las Palmas este xoves e regresa o sábado, directo a adestrar a Abegondo

O Deportivo viaxa a Las Palmas de Gran Canaria este xoves 19 de xaneiro pola tarde para se medir á UD Las Palmas o venres 20 de xaneiro no Estadio de Gran Canaria (20:45, Gol TV).

O regreso será o sábado 21 de xaneiro, directo á cidade deportiva de Abegondo para realizar unha sesión de adestramento.

O plan de viaxe é o seguinte:

Xoves 19 de xaneiro
17:30: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Las Palmas
19:15 (hora local): Chegada aproximada a Las Palmas e aloxamento no Hotel Santa Catalina

Venres 20 de xaneiro
20:45: Las Palmas - Deportivo, no Estadio Gran Canaria

Sábado 21 de xaneiro
9:00 (hora local): Saída do voo chárter de Las Palmas con destino ao Aeroporto da Coruña
12:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña
13:30: Adestramento en Abegondo