O Deportivo xogará en domingo as tres primeiras xornadas de LaLiga 1|2|3 2019-2020
LaLiga fixo públicos os horarios das 3 primeiras xornadas de LaLiga 1|2|3 2019-2020, que o Deportivo abrirá no Estadio ABANCA-RIAZOR fronte ao Real Oviedo.
O primeiro choque oficial do curso, fronte ao último equipo do novo adestrador deportivista Juan Antonio Anquela, terá lugar o domingo 18 de agosto ás 18:00 horas e será retransmitido en directo por Vamos.
Na 2ª xornada, os branquiazuis visitarán a un dos equipos descendidos de LaLiga Santander, o SD Huesca. O partido celebrarase o domingo 25 de agosto ás 19:00 horas e será retransmitido en aberto por Gol desde El Alcoraz.
O terceiro encontro, tamén fóra de casa, será novamente en domingo, o 1 de setembro, ás 18:00 horas. Outro recentemente descendido, o Rayo Vallecano, espera no estadio de Vallecas ao equipo coruñés a partir das 18:00 horas. Novamente será a canle Vamos quen o emitirá en directo.