RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O derbi da División de Honra foi para o Celta, superior esta vez ao Xuvenil A

O derbi da División de Honra, na 9ª xornada, foi para o Celta, superior esta vez ao Xuvenil A en Abegondo (1-2).

César foi o autor do único tanto deportivista, que esta vez non puido evitar a derrota ante o líder do grupo.

Con este marcador, o Xuvenil A é 6º na táboa con 14 puntos.

Xuvenil A: Alberto, Valín, Iván, Guillem, Carlos, Prendes, César, Armas, Gonzalo, Jorge e Álex. Tamén xogaron: Julián, Íñigo, Israel e Litos.

O vindeiro sábado 3 de novembro ás 16:00 horas, o Xuvenil A visita ao CD Roces, equipo que marcha igualado a 14 puntos co conxunto branquiazul.

Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0
Lugo 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín)
Xuvenil A 1 (César) - Celta 2