RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O desacerto en ataque frea ao Deportivo ABANCA B en Santander

O Deportivo ABANCA B empatou (1-1) na súa visita ao CDE Racing Féminas B, correspondente á 11ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

As deportivistas dispuxeron de innumerables oportunidades de gol, pero a súa falta de acerto en ataque impediu o triunfo branquiazul.

Aroa anotou o único tanto do Deportivo ABANCA B, que con este resultado suma 22 puntos na 3ª posición da táboa; a 3 de distancia do CD Monte, 2º con 25 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Nuria Torres, Sofía, María Calvo, Lara, Sara Piñeiro, Ainhoa, Carlota, Aroa e Alba Suárez. Tamén xogaron: Rivas, Bermúdez, Navia e Lucía.

O vindeiro sábado 30 de novembro, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Sporting de Gijón B.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)
CDE Racing Féminas B 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa)