RCD / NOVAS

O despacho de billetes online non pecha. Compra as túas entradas para o #DéporLeganés e #ONosoDerbi!

05/12/2017 19:00

Con motivo dos festivos do 6 e o 8 de decembro, a Oficina de Atención ao Deportivista permanecerá pechada. Non así o despacho de billetes online, activo as 24 horas do día os 365 días do ano. Ambas as xornadas estarán dispoñibles en rcdeportivo.es/entradas as localidades para o Dépor-Leganés e o Dépor-Celta que se xogan os sábados 9 e 23, respectivamente, ás 18:30 horas en Abanca-Riazor.

A Oficina de Atención ao Deportivista si abrirá as súas portas o xoves 7 no seu horario habitual (de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.). O sábado a venda trasládase aos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 e até o comezo do partido.

Prezos das entradas de público e os billetes para socios e/ou accionistas para o Dépor-Leganés (sábado 9 de decembro, 18:30 horas):

Prezos das entradas de público para o Dépor-Celta (sábado 23 de decembro , 18:30 horas):