RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dr. Carlos Lariño insistiu ao cadro e lembra ao deportivismo que "é momento de estar en casa, tranquilos"

O Doutor Carlos Lariño, xefe dos servizos médicos do RC Deportivo, quixo compartir con todos os afeccionados deportivistas as recomendacións sanitarias que lles transmitiu aos xogadores nunha charla no vestiario de Abegondo, a raiz da pandemia de Covid-19.

Comentoulles aos futbolistas que é un "virus moi contaxioso aínda que pouco lesivo. Á xente nova ten unha afectación leve e pasaxeira".

Iso si, advertiulles que "hai que evitar os contaxios porque xente maior si pode ter problemas. Todos somos factores de transmisión".

Pediulles "unha boa hixiene de mans. Recomendámoslles lavar as mans frecuentemente. Colocamos no vestiario soluciones alcohólicas para que poidan facelo".

Ademais, "é moi importante evitar aglomeracións e reunións sociais. É unha época para poucas celebracións, estar en casa, tranquilo e tentar ter menos contactos dos habituais porque se transmite persoa a persoa. Cuantos máis contactos temos máis risco temos de poder padecelo". "É momento de non viaxar, de estar en casa, tranquilos", engadiu.

Ao toser, "tentar facelo no cóbado para evitar poder transmitilo a outro compañeiro".

En caso de ter febre ou tose, "o que teñen que facer é chamar por teléfono, os xogadores a min. E a poboación ten que quedar en casa e chamar (en Galicia ao 900400116). É imprudente achegarte a un centro sanitario ou de saúde porque pode ser que o transmitas ou se non o tes, pódelo coller".