RCD / NOVAS

O duelo da liga Comarcal ante o San Tirso SD A foi para o Alevín A

11/02/2020 20:59

O Alevín A arrincou esta tarde con triunfo no campo de O Monte ante o San Tirso SD A (1-4) unha intensa semana de competición, con 3 partidos oficiais. O de hoxe corresponde á 11ª xornada na liga Comarcal de fútbol 8, liquidado para os branquiazuis polos tantos de David, Guillermo, Diego e Marcos.

Con este resultado, o conxunto que dirixe Kike Sanfiz lidera en solitario o grupo con 30 puntos, loxicamente con 1 partido máis que resto dos seus rivais.

Esta semana, ao equipo deportivista réstanlle outros 2 choques oficiais, pertenecenientes esta vez á 2ª e 3ª xornada do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol 11: este xoves 13 en Carballo ante o ED Luis Calvo Sanz A (18:30) e o domingo 15 en Abegondo fronte ao EF Racing de Ferrol A (10:30 horas).

En San Tirso, o Alevín A formou con: Joel, Xabi, Iago Vázquez, David, Yago Trigo, Marcos, Janusz e Diego. Tamén xogaron: Leandro, Íker Fernández, Íker Rozada, Anxo e Guillermo.

A próxima cita na liga Comarcal será ante o Once Caballeros CF o sábado 29 de febreiro, no campo de Lendoiro na Barcala.

Os resultados do Alevín A na Liga Comarcal son os seguintes:

CF Dumbría 0 - Alevín A 15 (Leandro -2-, Rubén -3-, Anxo -2-, Janusz -2-, Pablo -2-, Yago -3- e Lucas)
Alevín A 5 (Diego -2-, Anxo -2- e Janusz) - San Tirso SD A 0
Alevín A 5 (Rubén -2-, Leandro e Pablo -2- ) - Once Caballeros CF 1
Outes CF B 2 - Alevín A 4 (Janusz, Marcos, Balbas e Anxo)
Alevín A 0 - Atlético Coruña Montañeros CF 1
SCD Órdenes A 0 - Alevín A 4 (Diego -2-, Lucas e Balbas)
Alevín A 4 (Nico Ruiz, Pablo, Lucas e Marcos) - Ural CF A 0
CD Obrero A 1 - Alevín A 11 (Diego -3-, Leandro -2-, Anxo, Yago, Pablo e Janusz -3-)
Alevin A 5 (Lucas, Diego, Xabi -2- e Pablo) - Victoria CF A 0
Alevín A 11 (Lucas -4-, Rubén -2-, Nico, Xabi, Borja, Marcos e Anxo) - CF Dumbría 1
San Tirso SD A 1 - Alevín A 4 (David, Guillermo, Diego e Marcos)