RCD / NOVAS

O Elche CF aterra mañá xoves pola noite no Aeroporto da Coruña

10/10/2018 20:46

O Elche CF, rival do Dépor este venres 12 de outubro en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 9ª xornada de LaLiga 1|2|3, ten previsto aterrar mañá xoves 11 de outubro ás 23:25 horas no Aeroporto da Coruña, nun avión procedente de Madrid.

Na cidade herculina, o hotel de concentración da expedición ilicitana será o Hotel Carris Marineda.

O conxunto levantino solicitou ao RC Deportivo un campo de adestramento na Cidade Deportiva de Abegondo para o mesmo venres 12 e o sábado 13, ambos os días ás 10:00 horas.