RCD / NOVAS

O Elche-Deportivo da penúltima xornada, en horario unificado: domingo 2 de xuño ás 20:00 horas

21/05/2019 14:17

LaLiga fixo oficiais os horarios da 41ª e penúltima xornada de LaLiga 1|2|3, na que todos os partidos con algo en xogo disputaranse en horario unificado. O Deportivo visitará o estadio Manuel Martínez Valero para medirse ao Elche CF ao mesmo tempo que outros 7 encontros, o domingo 2 de xuño ás 20:00 horas. LaLiga 1|2|3 TV retransmirá o encontro.

Horarios confirmados dos partidos do Deportivo:

Xornada 40, luns 27 de maio, 21:00 horas, ABANCA-RIAZOR: Dépor - Mallorca (Gol)

Xornada 41, domingo 2 de xuño, 20:00 horas, Manuel Martínez Valero: Elche - Dépor (LaLiga 1|2|3 TV)