RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O equipo adéstrase o sábado ás 12:00 horas en Abegondo

Após finalizar o encontro ante o Espanyol, o cadro deportivista está citado de novo en Abegondo mañá sábado 24 de febreiro ás 12:00 horas para unha nova sesión de adestramento.

O Dépor ten compromiso ligueiro este mércores 28 de febreiro en Getafe (19:30 horas, Bein LaLiga), en partido correspondente á 26ª xornada de LaLiga Santander; e de novo o sábado 3 de marzo no Estadio ABANCA-RIAZOR fronte ao Eibar (18:30 horas, Bein LaLiga), pertencente á 27ª xornada.