Concluído o encontro en ABANCA-RIAZOR ante a SD Huesca, o Deportivo regresa aos adestramentos mañá luns 6 de xullo ás 11:00 en Abegondo.
Como é habitual, será unha sesión de recuperación para os titulares hoxe; e máis intensa para o resto do cadro, xa con vistas á seguinte cita ligueira, o mércores 8 de xullo en La Rosaleda ante o Málaga CF (Gol, 19:30 horas).