RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O equipo soubo sufrir. E iso é moi importante", manifestou José Luis Martí

José Luis Martí manifestou na sala de prensa de Los Pajaritos que, por mor da expulsión de Somma, "o equipo soubo sufrir. E iso é moi importante, un equipo que sabe adaptarse ás circunstancias, ás adversidades que se producen durante o partido. Hai que encomiar o traballo que fixeron".

Subliñou que "estabamos na pelexa. Somos conscientes que de aquí ao final o único que nos serve é gañar. E iso é o que imos buscar".

O técnico deportivista dedicoulle a vitoria ao presidente Tino Fernández: "O seu labor foi encomiable. Os xogadores aínda tiñan máis ilusión por dedicarlle a vitoria ao Presidente".

Asegurou que "estamos orgullosos e felices do traballo que realizaron. Pero non fixemos máis nada que o noso traballo. Imos gozar esta noite dos 3 puntos pero a partir de mañá pensar en Zaragoza".

Preguntado pola actuación arbitral, José Luis Martí lembra que "en 42 xornadas, ás veces recibes, ás veces quítanche, pero en liñas xerais está compensado ao final".