RCD / NOVAS

O exlocutor do Estadio José Luis Naya faleceu aos 78 anos

22/07/2021 13:59

José Luis Naya, locutor da megafonía do Estadio de Riazor durante máis de 40 anos, faleceu hoxe xoves 22 de xullo na Coruña á idade de 78 anos.

Cunha dilatada traxectoria profesional en Radio Juventud, Naya sucedeu neste labor a Santiago Vilariño, co que compartiu os seus primeiros anos. Naya foi a voz do Estadio entre 1969 e 2013, cando se xubilou e foi substituído por José Luis Núñez.

O velorio de Naya ten lugar no Tanatorio Albia.

O RC Deportivo quere mostrar o seu máis sentido e sincero pésame a familiares e amigos. DEP.