RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril, a oitavos de final da Copa Deputación

O Fabril superou esta noite ao Brexo Lema (0-4) nos dezaseisavos de final de Copa Deputación. Mosquera, Mario Losada -2- e Novo foron os goleadores branquiazuis dun partido que o filial branquiazul sentenciou na segunda parte.

Fabril: Boian, Eimil, Iñigo Reinoso, Yuste, Parga, Kanoute, Mosquera, Sarmiento, Mario Losada, Villares e Aarón. Tamén xogaron: Prendes, Novo, Pedro Borbolla e Edu Taboada.

A seguinte cita nesta competición, en oitavos de final, será este domingo 4 de agosto ante a SD San Tirso ou Boimorto.

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0

Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1

Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final de Copa Deputación, Campo de Os Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)

Domingo 4 de agosto, Oitavos de final de Copa Deputación, San Tirso SD ou Boimorto CF - Fabril