En categoría cadete, o Deportivo da División de Honra xoga en Vigo,
ante o Colexio Fogar, ás 12.00 horas do próximo domingo. Na liga
Galega, o Deportivo B disputará o seu partido de Liga en "O Mundo do Fútbol",
ante o Foz, o sábado ás 16.30 no campo de herba sintética.
Foz e Silva serán os rivais dos dous equipos de infantís. O
equipo lucense do Foz medirase ao Deportivo da liga Galega, o sábado ás
16.30 na Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". Pola súa banda,
na liga Local, o Deportivo B infantil disputará o seu encontro ante
o Silva este venres, ás 19.30, no campo de Meicende.
Por fin, en fútbol sete alevín, o Deportivo e o Domingo Savio enfrontaranse
este sábado, ás 12.00, no campo número tres da Cidade
Deportiva da Torre.