RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril apontoa a súa ascensión cunha vitoria na Estrada

O Fabril apontoa coa súa 4ª vitoria consecutiva, esta vez na Estrada ante o CD Estradense (0-2), a súa ascensión na táboa do grupo 1º da Terceira División.

Os pupilos de Luisito, máis sólidos e eficaces con cada xornada que pasa, ocupan con este resultado a 4ª praza con 24 puntos.

No Municipal da Estrada, os goles de Javi Sánchez á media hora de xogo e de Pedro na recta final tombaron a un rival que, aínda que o tentou, apenas creou perigo á meta defendida por Álex Cobo.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Eimil, Kanouté, Gandoy, Javi Sánchez, Iago Novo, Mario Losada, David Sánchez e Aarón Sánchez. Tamén xogaron: Yalike, Jawed Boumeddane e Pedro.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao CD As Pontes.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)