RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril arrinca a liga cun empate sen goles en Redondela

O Fabril iniciou a competición no grupo 1 da Terceira División cun traballado empate (0-0) ante o CD Choco.

O encontro foi igualado, moi disputado nun dos campos máis complicados da categoría para os equipos visitantes, e con ocasións para as dúas porterías.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Mujaid, Parga, Kanoute, Javi Sánchez, Gandoy, Jawed Boumeddane, Villares e David Sánchez. Tamén xogaron: Mario Losada, Aarón Sánchez e Pedro.

O vindeiro domingo 1 de setembro ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao Ourense Cf.