RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril arrinca mañá martes 11 de xullo a pretemporada

O Deportivo B arrinca mañá martes 11 de xullo a pretemporada. Ás 9:30 están citados na cidade deportiva de Abegondo o xogadores que dirixirá Cristóbal Parralo en Segunda División B co fin de realizar probas médicas (analítica, ecocardiograma...)

Pola tarde, a partir das 18:00 horas, terá lugar a primeira sesión de traballo.

Están convocados os seguintes xogadores: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Lucas, Diego Cabalo, Gaizka Martínez, Carlos López, Martín Bengoa, Uxío, Jardel, Raúl González, One e Luismi. Romay ten permiso para incorporarse o venres 14 de xullo.

Soben ao equipo filial procedente dos xuvenís: Sito e Iago Novo.

Tamén realizarán a pretemporada co segundo equipo os xuvenís Ricardo Benjamim, Alberto Sánchez, Mujaid, Gandoy, Ortuño, Joel, Carracedo e Porrúa.

Cabe lembrar que Queijeiro, Óscar Pinchi, Edu Expósito, Borja Galán eFrancis, ademais dos xuvenís Chema, Aarón, Pedro e Adri están estes días ás ordes de Pepe Mel no primeiro equipo.

Torneo 'tres en un' en Viveiro

O Fabril ten confirmada unha nova cita esta pretemporada. Será o domingo 23 de xullo en Viveiro, nun torneo na modalidade de 'tres en un', co Viveiro (Rexional Preferente) e o Somozas (Terceira División) como rivais.

O calendario de partidos é o seguinte:

18:00: Viveiro - Deportivo B

18:45: Deportivo B - Somozas

19:30: Viveiro - Somozas

Os partidos de preparación xa confirmados son os seguintes:

23 de xullo: Torneo 'tres en un', co Viveiro e Somozas como rivais (Cantarrana, Viveiro)

25 de xullo: Laracha - Deportivo B (Municipal A Laracha)

2 de agosto: Oitavos de final de Copa Deputación da Coruña

8 de agosto: Deportivo B - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)