Un solvente Fabril derrotou esta tarde en Abegondo (2-0) ao Alondras, e suma así a súa terceira vitoria consecutiva. O filial deportivista atopou a senda do triunfo e hoxe, ante o conxunto pontevedrés, apenas pasou apuros. Borja Galán adiantou ao Fabril no minuto 38. Na segunda metade, Óscar puxo a puntilla ante un rival que apenas puxo en aprietos ao meta fabrilista Alex Cobo.
Con este marcador, o Fabril suma 29 puntos, xa nos postos altos da clasificación.
Fabril: Alex Cobo, Quique Fornos, Arnau, Nacho Monsalve, Lucas, Edu, Óscar, Queijeiro, Jardel, Manu Molina e Borja Galán. Tamén xogaron: Alex Corredera, Jorge Carreón e Borja Domingo.
Este martes 6 de decembro, día festivo, a Fabril visita ao CD Castro, nunha nova xornada de liga en Terceira División.