O Fabril aumenta as súas prestacións ante un Bergantiños de Segunda RFEF
O Fabril aumentou as súas prestacións nesta pretemporada cun empate ante o Bergantiños CF de Segunda RFEF (1-1), unha categoría por encima que os fabrilistas.
Óscar Gilsanz encarou este novo choque con moitas baixas. Están lesionados Martín Ochoa, Davo, Álex Pereira, Tim, Mella, Ríos e Jesús Ares, lesionado nunha unlla dun pé no propio quecemento do partido; mentres que Jairo e Yeremay entraron na convocatoria do Deportivo para disputar a LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv de Ucraína.
O Bergantiños CF adiantouse na primeira parte pero Iano Simao asinou a igualada após o descanso co seu primeiro tanto esta temporada.
Fabril: Brais Suárez, Quique Teijo, Iano Simao, Ángel Puerto, Dani Barcia, Brais Val, Rubén, Marcel, Iván, Iñaki e Diego Gómez. Tamén xogaron: Fito, Currás, Nájera, Barba, Hugo Baldomar, Seydiba e Carlos.
A próxima cita de pretemporada para o Fabril será o Memorial Carlos Alberto, baixo o formato de 'tres nun', o mércores 17 de agosto ás 19:00 horas no campo da Ribela de Sarria coa SD Sarriana de Preferente Autonómica e o Polvorín FC de Segunda RFEF como rivais.
Os resultados de pretemporada do Fabril até a data son os seguintes: