RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril-Bergantiños xogarase en ABANCA-RIAZOR a continuación do Dépor-Lugo

O partido do Grupo I da Terceira División entre o Deportivo Fabril e o Bergantiños CF, correspondente á 26ª xornada do grupo galego, disputarase o domingo 1 de marzo en ABANCA-RIAZOR.

O encontro disputarase a continuación do partido de LaLiga SmartBank entre Deportivo e CD Lugo previsto para as 16:00 h. polo que o encontro entre o filial e o conxunto carballés arrincará ás 18:30 horas.

Todos os socios e afeccionados do Deportivo que estean no interior do Estadio para ver o partido de LaLiga poden permanecer na súa localidade para ver o partido de Terceira División. Os seguidores do Bergantiños que queiran acudir ao partido poderán comprar as entradas a través do seu Club, localidades que, por cortesía do Real Club Deportivo, tamén lles dará acceso ao Dépor-Lugo.