RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril cae en Burgos nun partido cun tempo para cada equipo

- Foto: Jarcha Burgos CF -

O Fabril non puido inaugurar en Burgos o seu marcador de vitorias ao caer (2-1) co equipo castelán, en partido correspondente á 5ª xornada no grupo 1º de Segunda División B.

A primeira parte foi branquiazul. Raúl González adiantou ao filial no minuto 37 de xogo; e Montiel puido lograr pouco despois o 0-2 que quizais fose definitivo.

Após o descanso, a decoración cambiou. O Burgos deu un paso adiante e, a base de oficio, logrou darlle a volta ao marcador e amarrar a vitoria.

Con este resultado, o Fabril queda con 1 punto na 19ª posición da táboa.

Fabril: Álex Cobo, Quique Fornos, Lucas, Raúl González, One, Gandoy, Víctor García, Javi Cobo, Uxío, Montiel e May. Tamén xogaron: Juanje, Ortuño e Pedro.

O vindeiro domingo 30 de setembro ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao CF Salmantino.

Así transcorre a temporada para o Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)