RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril caeu nas Eiroas grazas un gol do Bergantiños FC na recta final

O Fabril caeu nas Eiroas (2-1) ante un Bergantiños FC que amarrou o tres puntos grazas a un gol logrado por Remeseiro no minuto 85.

O partido, moi igualado, púxose costa arriba para o filial deportivista ao fío do descanso cun gol de Yelco no minuto 43.

Tras o descanso apertou o filial deportivista, que conseguiu o empate de maneira xusta grazas a un penalti transformado por Boedo no minuto 81. Pero case na xogada seguinte, Remeseiro desnivelaba de novo o marcador a favor do cadro das Eiroas e xa non se movería.

Con este resultado, o Fabril suma 9 puntos e é provisionalmente cuarto clasificado tras sete partidos disputados no subgrupo A de o grupo 1º de Terceira División.

Fabril: Pablo Brea, Iván Guerrero, David Suárez, Juan Rodríguez, Guille Bo, Kanouté, Villares, Sanmartín, Sarmiento, Cambón e Boedo. Tamén xogaron: Javi Sánchez, Manu Mosquera e Barba.

O vindeiro sábado 5 de decembro ás 16:30, o Fabril recibe en Abegondo ao Polvorín FC.

Os resultados até a data do Fabril en liga son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)