RCD / NOVAS

O Fabril, con todo á semifinal de Copa Deputación desta tarde en Mugardos

11/08/2019 13:00

Luisito citou a practicamente todo o seu cadro para o encontro correspondente á semifinal da Copa Deputación entre o Galicia de Mugardos e o Fabril de hoxe domingo 11 de agosto ás 19:00 horas no campo da Pedreira.

O choque, do mesmo xeito que o resto de encontros desta competición, é gratuíto para os afeccionados.

Os convocados son: Álex Cobo, Eimil, Parga, Iñigo Reinoso, Villares, Kanouté, Novo, Mosquera, Aarón, Pedro, Jawed Boumeddane, Iván Guerreiro, Sarmiento, Yuste, Prendes, Pedro Barbolla e Juan Rodríguez.

A estes hai que sumar os que onte estiveron citados polo primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR: Valín, Boian, Bourdal, Gandoy, Mujaid, Javi Sánchez, Martí Vilà e David Sánchez.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou da Copa Deputación ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final), San Tirso SD (oitavos) e Sporting Sada (cuartos de final).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanoute e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos), 19.00 h: Galicia de Mugardos - Fabril