RCD / NOVAS

O Fabril dá a talla en Moraña ante dous rivais de superior categoría, Celta B e Pontevedra

27/07/2019 22:30

O Fabril disputou esta tarde o seu segundo test desta pretemporada. Os pupilos de Luisito deron a talla nun interesante torneo baixo a modalidade de 'tres nun' no campo de Mirallos en Moraña, co RC Celta B e o Pontevedra CF, dous equipos de Segunda División B, como rivais.

No primeiro partido, ante o filial céltico, os branquiazuis formaron con Alberto, Eimil, Reinoso, Prendes, Juan Rodríguez, Guedes, Michael, Sarmiento, Mario Losada, Mosquera e Álex. O choque acabou en empate (0-0) e decidiuse na quenda de penaltis: 3-1 para o Fabril.

Fronte ao Pontevedra CF, Luisito aliñou a Boian, Valín, Eimil, Yuste, Iago Parga, Kanouté, Eugeney, Villares, Pedro, Mario Losada e Aarón. O encontro acabou en igualada (1-1), con tanto branquiazul obra de Valín.

Foi campión do torneo o RC Celta B con 4 puntos. O Fabril sumou 2 puntos e 1 o Pontevedra CF.

O próximo encontro será de Copa Deputación, o mércores 31 de xullo ante o Sporting Coruñés ou Brexo Lema.

As citas de pretemporada confirmadas do Fabril son as seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final de Copa Deputación, Sporting Cidade ou Brexo Lema - Fabril