RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril despide o curso cunha vitoria en Bouzas

O Fabril pechou a temporada 2020-21 cun triunfo (0-1) no campo Baltasar Pujales de Vigo ante o Rápido de Bouzas.

Foron baixas forzosas Adri Castro, Alberto, Iván Guerrero, ademais dos xuvenís Yeremay e Jairo. Todos eles foron citados por Rubén de la Barrera para o partido do primeiro equipo ante o CD Numancia. Adri foi titular en Los Pajaritos e Iván Guerrero debutou na segunda parte en partido oficial co primeiro equipo ao substituír a Valín.

En Bouzas, o partido estivo moi igualado; de feito, puido caer para calquera dos dous equipos pero decidiuse cun gol de Guedes ao minuto de xogo.

Con este resultado, o filial deportivista, que foi de menos a máis, acaba quinto no grupo play off de ascenso con 40 puntos. Os pupilos de Juan Carlos Valerón, nesta segunda fase, gañaron dous partidos, empataron dous e perderon dous; cun total de oito goles a favor e oito en contra.

Fabril: Brais, Isra, Reinoso, David Suárez, Juan Rodríguez, Prendes, Barba, Guedes, Javi Sánchez, Juan Cambón e Pescador. Tamén xogaron: Álex, Sarmiento, Boedo e Kanouté.

O equipo márchase agora de vacacións sen data concreta de regreso, que dependerá do calendario e inicio da próxima temporada en Terceira División.

Os resultados do Fabril nesta fase foron os seguintes:

Fabril 1 (Adri Castro) - CD Choco 2
CD Estradense 5 - Fabril 1 (Juan Cambón)
Fabril 1 (Javi Sánchez) - Rápido de Bouzas 1
CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Barba, Yeremay -2- e Javi Sánchez) - CD Estradense 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 1 (Guedes)