RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril dobrega a un Silva SD batallador que igualou por dúas veces no marcador

O Fabril dobregou (3-2) en Abegondo a un batallador Silva SD en partido correspondente á 9ª xornada en Tercera RFEF.

Despois dunha fin de semana de descanso ligueiro, os fabrilistas regresaron á competición unha semana máis no máis alto da táboa, pero con varios dos seus integrantes esta pasada semana en dinámica do primeiro equipo polas lesións no cadro de Óscar Cano.

Esta circunstancia motivou o debut en partido oficial (o sábado pasado en Copa do Rei en Guijuelo) co Deportivo de Dani Barcia e Ángel Puerto. Tamén xogou ao longo do choque Brais Val pero non así Nájera, que quedou no banco.

Ante o Silva SD, Óscar Gilsanz non puido contar precisamente con Dani Barcia, citado polo Deportivo para o choque ante a Cultural Leonesa, pero si con Brais Val e Puerto, que se adestraron boa parte da semana, incluído onte sábado, co primeiro equipo.

O Fabril adiantouse por dúas veces no marcador grazas aos goles de Nájera, este a os 5 minutos de partido, e Diego Gómez; pero nas dúas ocasións conseguiu o Silva SD igualar a contenda.

Con 2-2, o filial branquiazul lanzouse a por a vitoria. Óscar Gilsanz deu entrada de Jesús Ares e ao internacional xuvenil Kevin, e comezou a acumular ocasións ata que Marc Lachèvre estreouse como goleador no minuto 78 e deu os 3 puntos ao seu equipo.

Con este resultado, o Fabril suma 21 puntos á fronte da táboa unha semana máis.

Fabril: Hugo Ríos, Marc Lachèvre, Puerto, Fito, Iano Simão, Iñaki, Brais Val, Jairo, Diego Gómez, Nájera e Iván. Tamén xogaron: Barba, Jesús Ares, Kevin, Álex Pereira e Marcel.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2