RCD / NOVAS

O Fabril encara o debut ligueiro de mañá cos canteiráns que se adestran co primeiro equipo

24/08/2019 19:50

O Fabril é o o primeiro equipo de #ANOSACANTEIRA en entrar en xogo en competición oficial.

O filial deportivista visita na 1ª xornada da Terceira División ao CD Choco, en encontro fixado para mañá domingo 25 de agosto ás 19:00 horas no campo de Santa Mariña en Redondela.

Luisito, técnico fabrilista, poderá contar cos futbolistas que levan desde o pasado 15 de xullo ás ordes de Juan Antonio Anquela no primeiro equipo: Álex Cobo, Boian, Mujaid, Gandoy, Javi Sánchez, David Sánchez, Martí Vilà e Valín.

Completan a citación: Eimil, Parga, Kanoute, Villares, Aarón Sánchez, Novo, Jawed Boumeddane, Pedro e Mario Losada.

Son baixa por lesión Manu Mosquera e Iñigo Reinoso; ademais de Bourdal, sancionado.