RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril FC Benxamín cae en cuartos de final do Torneo Pazo da Golpelleira de Vilagarcía

O Fabril FC Benxamín encara unha recta final de temporada infestada de torneos amigables.

O primeiro deles foi o pasado sábado 14 de maio no Pavillón Municipal de Ribadumia, con motivo do torneo Arousa Fútbol 7; e o segundo xogouno hoxe 17 de maio, festividade das Letras Galegas, no campo municipal de Berdón (Vilagarcía de Arousa), na V edición do Torneo Pazo da Golpelleira.

Na primeira fase, o Fabril FC Benxamín mediuse á AX Saraiba do Mar, Juventud Cambados, Arousa F7 e Céltiga CF.

Após acceder brillantemente á Fase Final, foi apeado en cuartos de final polo Bertamiráns FC.

Os resultados do equipo fabrilista foron os seguintes:

Primeira Fase
AX SARAIBA DO MAR 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Mateo Carballeira -2-, Pablo Sánchez e Miguel Candal)
JUVENTUD CAMBADOS 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Adrián)
FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Thiago López -2-, Bruno Abelenda, Miguel Candal, Hugo Bujía, Adrián e Pablo Sánchez) - AROUSA F7 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Thiago López e Adrián) - CÉLTIGA CF 0

Oitavos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álvaro Rodríguez) - CD ROIS 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - BERTAMIRÁNS FC 3