RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín compite este sábado, dividido en dous equipos, no torneo indoor Arousa Fútbol 7 en Ribadumia

O Fabril FC Benxamín, que acaba de finalizar a liga de Primeira A Coruña (subgrupo A) en quinta posición, encara unha recta final de temporada infestada de torneos amigables.

O primeiro deles será este sábado 14 de maio no Pavillón Municipal de Ribadumia, con motivo do torneo Arousa Fútbol 7.

Ao ser modalidade indoor, o Fabril FC Benxamín dividirase en dous equipos. O A ten como rivais iniciais ao CD Areosa, Umia CF B e AD Arousa Fútbol 7; mentres que o B medirase en primeira instancia ao UD Santa Mariña, Arosa SC B e Pontevedra CF.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

10:50: FABRIL FC BENXAMÍN B - UD SANTA MARIÑA (campo 1)
11:15: FABRIL FC BENXAMÍN A - CD AREOSA (campo 1)
12:30: FABRIL FC BENXAMÍN B - AROUSA SC B (campo 1)
12:55: FABRIL FC BENXAMÍN A - UMIA CF B (campo 1)
17:20: PONTEVEDRA CF - FABRIL FC BENXAMÍN B (campo 2)
17:45: AD AROUSA FÚTBOL 7 - FABRIL FC BENXAMÍN A (campo 2)

Os dous primeiros de cada grupo acceden a cuartos de final mentres que os dous restantes xogarán unha Fase de Consolación.