RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín pecha unha liga perfecta no grupo C da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito

O Fabril FC Benxamín pechou ante o Victoria CF B (11-1) unha liga perfecta no grupo C da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

David Gómez -6-, Álvaro, Iván, Dani, Javi e Martín foron os autores dos goles deste partido correspondente á 10ª e última xornada ligueira disputado baixo unha sufocante calor.

Fabril FC Benxamín: Roque, David Ramos, Yoel, Hugo, David Gómez, Álvaro, Iván e Jorge. Tamén xogaron: Roi, Dani, Martín e Javi.

Os fabrilistas foron campións de grupo con 24 puntos de 24 posibles, é dicir con oito vitorias nos seus oito partidos xogados. O balance goleador foi claramente favorable ao Fabril FC Benxamín: 62 goles marcados e só 6 encaixados.

Os resultados do Fabril FC Benxamín que dirixen Jacobo Saco e Alberto Bonigno foron os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 1 - Fabril FC Benxamín 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín)
Orillamar SD A 1 - Fabril FC Benxamín 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani)
Fabril FC Benxamín 2 (Jorge e Marcos) - CD Calasanz A 1
Victoria CF B 1 - Fabril FC Benxamín 12 (Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos)
Fabril FC Benxamín 10 (David Ramos -2-, Álvaro -2-, Iván -2-, Dani, David Gómez, Hugo e Martín) - CF Deportivo Orzán A 0
Fabril FC Benxamín 6 (Martín -2-, David Gómez -2-, Iván e Javi) - Orillamar SD A 0
CD Calasanz A 1 - Fabril FC Benxamín 4 (Martín, Álvaro, Iván e Javi)
Fabril FC Benxamín 11 (David Gómez -6-, Álvaro, Iván, Dani, Javi e Martín) - Victoria CF B 1