RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril golea ao Silva SD e dorme en postos de play off

O Fabril goleou (6-1) hoxe mércores en Abegondo ao Silva SD, en partido correspondente á 32ª xornada, e acelera en pos dunha praza no play off de ascenso a Segunda RFEF.

Coa desta noite, os fabrilistas encadean cinco vitorias consecutivas após derrotar anteriormente ao Atlético Arnoia (0-3); SD Sofán (0-3), en partido da 25ª xornada; CD Choco (0-3) e CSD Arzúa (2-0). Así pois 15 puntos de 15 posibles con 17 goles a favor e 1 en contra.

Óscar Gilsanz non puido contar con Iván Guerrero, que a pasada fin de semana en Arnoia sufriu unha fractura dos ósos propios do nariz. O lateral, que se adestraba co primeiro equipo tamén, deberá gardar repouso uns días. Tamén causou baixa Javi Sanmartín, outro lesionado habitual nos onces fabrilistas.

O partido púxose de cara aos 11 minutos cun gol de Nájera, titular esta noite. Mella e Runy crearon perigo constante á meta do Silva SD e froito diso foi o segundo gol, obra do citado Runy aos 43 minutos.

Após o descanso chegou a avalancha de goles fabrilistas con Runy -2-, Iano Simao e Juan Cambón como protagonistas.

Con este resultado, o Fabril suma 49 puntos e é provisionalmente quinto na clasificación (posto de play off de ascenso) a expensas do que fagan mañá xoves nos seus partidos o CD Barco, que ten 48 puntos e enfróntase no seu campo ao UD Somozas; e o Racing Villalbés, que suma 46 e visita ao Polvorín FC.

Fabril: Alberto, Currás, Dani Barcia, David Suárez, Iano Simao, Brais Val, Jairo, Runy, Nájera, Mella e Davo. Tamén xogaron: Fabio, Juan Rodríguez, Barba, Juan Cambón e Mario.

O vindeiro domingo 17 de abril, a Fabril visita ao CD Estradense a partir das 20:00 horas na penúltima xornada.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés 1 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
Fabril 0 - Ourense CF 1
SD Sofán 0 - Fabril 3 (Mario, Víctor e Iano Simão)
Fabril 1 (Runy) - SD Juvenil de Ponteareas 1
CD Barco 1 - Fabril 1 (Javi Sanmartín)
Fabril 0 - Alondras CF 0
UD Somozas 3 - Fabril 1 (Víctor)
CD Choco 0 - Fabril 3 (Juan Cambón e Víctor -2-)
Fabril 2 (Yeremay e Jairo) - CSD Arzúa 0
Atlético Arnoia 0 - Fabril 3 (Mario e Davo -2-)
Fabril 6 (Nájera, Runy -3-, Iano Simao e Juan Cambón) - Silva SD 1