RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril incorpora a Juan Cambón á súa dianteira

Juan Cambón Carro (Sada, 13 de xuño de 2000) regresa a Abegondo para unirse á disciplina do Fabril após formar parte de #anosacanteira na súa etapa formativa inicial, até infantís. Despois do seu paso polo Victoria CF cadete e o Ural CF xuvenil (chegando a debutar co Español, o seu equipo sénior), defendeu a camiseta do San Tirso SD, co que se proclamou campión da 82ª edición da Copa da Coruña.

A pasada temporada, a da súa estrea en Terceira División co CD As Pontes, o dianteiro xogou 24 partidos (20 deles como titular), anotando 7 goles.