RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril inicia as súas vacacións tras conseguir o obxectivo do ascenso

O Fabril iniciou hoxe luns 29 de maio as súas vacacións de verán despois de lograr o obxectivo do ascenso a Segunda División B.

O filial deportivista, campión do grupo 1º de Terceira División, subiu de categoría onte en Riazor, ante uns 8.000 afeccionados, pola vía rápida, tras eliminar con toda xustiza ao CP Cacereño, campión do grupo de Extremadura.

De momento non está prevista data de regreso aos adestramentos, que será no próximo mes de xullo.