RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril métese en semifinais da Copa Deputación

O Fabril superou os cuartos de final da Copa Deputación ao vencer ao Sporting Sada (0-3) nas Mariñas.

Aarón, Kanouté e Sarmiento foron os goleadores dun partido que o Fabril sentenciou na recta final.

Fabril: Boian, Eimil, Iñigo Reinoso, Yuste, Parga, Kanouté, Mosquera, Novo, Pedro, Villares e Aarón. Tamén xogaron: Prendes, Jawed Boumeddane, Sarmiento e Iván Guerrero.

O Galicia de Mugardos será o rival en semifinais, en día e hora por fixar.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou da Copa Deputación ademais ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final) e ao San Tirso SD (oitavos).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanoute e Sarmiento)
Semifinais da Copa Deputación: Galicia de Mugardos - Fabril