RCD / NOVAS

O Fabril mídese mañá ao Laracha na Copa Deputación

01/08/2017 12:16

O Fabril xa coñece ao seu rival para a eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa Deputación. Será o Laracha, que eliminou na rolda previa ao Mariño de Mera.

A eliminatoria, a partido único, xogarase mañá mércores 2 de agosto ás 20:30 horas no Municipal de Laracha.

Ambos os equipos víronse as caras nun amigable o pasado 25 de xullo. Naquela ocasión houbo empate a un tanto.

O calendario de partidos de preparación do Fabril xa confirmado é o seguinte:

23 de xullo, torneo '3 en 1' en Viveiro
Viveiro 0 - Fabril 4 (Uxío -2-, Gaizka e Porrúa)
Fabril 1 (Queijeiro) - Somozas 0

25 de xullo: Laracha 1 - Fabril 1 (Martín)

30 de xullo: SD Compostela 1 - Fabril 1 (Pedro). A penaltis: 8-9

2 de agosto, 20:30 horas, dezaseisavos de final da Copa Deputación da Coruña: Laracha - Fabril

8 de agosto, 18:30 horas: Fabril - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)

Entradas á venda para o Trofeo Manolo Martín

Están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista e El Corte Inglés (Ramón e Cajal e Marineda City) as entradas para o XXXIV Trofeo Manolo Martín que disputan o Fabril e o Real Madrid Castilla o próximo 8 de agosto ás 18:30 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.

As entradas, que teñen carácter benéfico (a recadación destinarase integramente ás obras de restauración do Santuario da Virxe da Barca en Muxía), teñen un custo de 5 euros. Os menores de 15 anos poden acceder de forma gratuíta pero deben retirar invitación na OAD ou El Corte Inglés.