RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril non puido derrubar o muro da Ximnástica Segoviana

Na xornada 13ª do grupo 1º de Segunda División B, o Fabril topouse cun muro en Abegondo, o que levantou a Gimnástica Segoviana (0-0), un equipo angustiado polas necesidades posto que está agora mesmo en posicións de descenso a Terceira División.

Tentouno o filial deportivista por todos os medios e mesmo chegou a acabar o choque con catro homes claros de ataque como Ismael Díaz, Jardel, Uxío e Borja Galán, pero faltou a claridade suficiente para crear oportunidades claras.

Con este resultado, o Fabril segue segundo na clasificación con 28 puntos, a 2 puntos de diferenza do Fuenlabrada, que tamén empatou sen goles (0-0) fronte ao Valladolid B.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Raúl González, Gaizka, Lucas, Edu Expósito, Óscar, Queijeiro, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Ismael Díaz, Jardel e Carlos López.

O vindeiro domingo, a Fabril visita ao Unión Adarve.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Cabalo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0