RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril participa nunha xornada de integridade organizada por LaLiga en Abegondo

O cadro do Deportivo Fabril, como xa fixeran futbolistas, técnicos, auxiliares, membros do Consello de Administración e persoal directivo do Real Club Deportivo meses atrás, participaron á primeira hora desta tarde na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo nun Curso de Integridade.

A sesión foi impartida por Pedro Varas, responsable de Integridade de LaLiga.

A xornada tratou aspectos relacionados coa predeterminación e manipulación de resultados e as apostas deportivas e nas súas consecuencias legais e penais.

Aproveitando a reunión, o responsable de cumprimento normativo do Club, Óscar Rama, lembrou a todos os asistentes, os principais puntos do Código Ético do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD.

Mañá martes a sesión repetirase co Dépor ABANCA.