RCD / NOVAS

O Fabril, pendente para a final da Copa Deputación dos xogadores que se adestran mañá co Deportivo

13/08/2019 19:55

Luisito citou a estes xogadores para a final da Copa Deputación de mañá mércores 14 de agosto ás 20:15 ante o Bergantiños CF nas Eiroas (Carballo), con entrada gratuíta para os afeccionados: Álex Cobo, Eimil, Parga, Iñigo Reinoso, Valín, Bourdal, Villares, Kanouté, Novo, Mosquera, Aarón, Pedro, Jawed Boumeddane, Iván Guerrero, Sarmiento, Yuste, Prendes, Pedro Barbolla e Juan Rodríguez.

O técnico fabrilista estará pendente dos futbolistas que mañá pola mañá está citados para adestrar ás ordes de Juan Antonio Anquela co Dépor: Boian, Gandoy, Mujaid, Javi Sánchez, Martí Vilà e David Sánchez.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou da Copa Deputación ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final), San Tirso SD (oitavos), Sporting Sada (cuartos de final) e Galicia de Mugardos (semifinais).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanoute e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos): Galicia de Mugardos 0 - Fabril 6 (Pedro -2-, David Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera -2-)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), 20:15, Bergantiños CF - Fabril
Sábado 17 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), 19:00 h, Atlético Astorga CF - Fabril