RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril pode co Atlético Arteixo e o mal estado do céspede debido á intensa choiva

Foto: Atl. Arteixo

Cun gol de Dani Barcia no minuto 90 o Fabril impúxose (1-2) en Ponte dos Brozos ao Atlético Arteixo en partido correspondente á 10 xornada en Terceira RFEF.

O partido estivo marcado pola choiva e o estado do terreo de xogo, que se foi deteriorando co paso dos minutos pola auga acumulada.

Martín Ochoa adiantou ao filial no minuto 20 após unha boa combinación entre Nájera e Iñaki.

Após o descanso, o Fabril puido aumentar a súa renda con oportunidades para Marc e Nájera, pero foi o Atlético Arteixo, un equipo sempre incómodo no seu campo, o que igualou a contenda no minuto 70.

Cun céspede en malas condicións pola intensa choiva e cando parecía que o choque acababa en igualada, Dani Barcia, que levaba toda a semana adestrando co primeiro equipo e mesmo foi convocado a pasada fin de semana por Óscar Cano ante a Cultural Leonesa, anotou no minuto 90 o gol do triunfo, sen tempo xa para a reacción arteixán.

Con este resultado, o filial deportivista suma 24 puntos á fronte da táboa.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Dani Barcia, Puerto, Iano Simao, Brais Val, Barba, Iñaki, Diego Gómez, Nájera e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Iván, Jesús Ares, Fito e Currás.

A próxima fin de semana, o Fabril recibe en Abegondo ao CD Choco.

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)