RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril pon fin á súa pretemporada con vitoria en Vilalba no Trofeo Prèsident

O Fabril puxo esta tarde o punto e final á súa pretemporada. Os pupilos de Juan Carlos Valerón impuxéronse pola mínima (0-1) ao Racing Villalbés, con tanto de Rayco no minuto 58, e adxudicáronse o Trofeo Prèsident.

Desta forma, o filial pecha a pretemporada con 3 vitorias e 2 empates. O balance goleador é claramente favorable aos fabrilistas: 8 dianas a favor e tan só 2 en contra.

Os máximos artilleiros foron Javi Sánchez, Mosquera e Álex con 2 goles cada un. Villares e Rayco completaron con 1 gol a nómina de goleadores.

Fabril: Brea, Isra, Boedo, David Sánchez, Yuste, Kanouté, Javi Sánchez, Sarmiento, Mosquera, Villares e Rayco. Tamén xogaron: Guerrero, Pescador, Barba, Prendes, Álex e Guedes.

O vindeiro domingo 18 de outubro arranca a liga no subgrupo A do grupo 1 de Terceira División. O Fabril visita ao UD Somozas (17:00) no campo Alcalde Manuel Candocia das Somozas.

A pretemporada do Fabril transcorreu así:

Bergantiños FC 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Javi Sánchez) - SD Compostela 1
UD Somozas 1 - Fabril 2 (Villares e Mosquera)
Fabril 4 (Álex -2-, Javi Sánchez e Mosquera) - CD Estradense 0
Racing Villalbés 0 - Fabril 1 (Rayco)