O Fabril recibe mañá ao UD Paiosaco H. Añón no partido aprazado en decembro polo temporal
O partido aprazado polo temporal do pasado 21 de decembro entre o Fabril e o UD Paiosaco H. Añón en Abegondo, correspondente á 17ª xornada no grupo 1º de Terceira División, dispútase mañá 25 de febreiro, martes de Entroido, ás 17:00 horas en Abegondo.
Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro; ademais da os xuvenís Alberto e Juan Rodríguez.
Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 10 euros por entrada; e 3 euros os menores de 14 anos.
A Fabril marcha 7º na táboa con 36 puntos. A 5 puntos de distancia atópase a última posición do playoff de ascenso, ocupada polo CD Barco 4º con 41 puntos e tamén 1 partido menos.