RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril recupera a senda do triunfo xusto antes do derbi ante o Celta B

O Fabril volveu gañar despois de catro partidos consecutivos sen facelo. Venceu esta tarde en Abegondo (3-0) ao Atlético de Madrid B, en partido pertencente á 15ª xornada do grupo 1º da Segunda División B. Foi a primeira vitoria de Gustavo Munúa no banco fabrilista.

O resultado non reflicte o disputado que foi o encontro entre estes dous filiais. Uxío adiantou ao Fabril aos 17 minutos. Pero a sentenza definitiva non chegou até a recta final, con dobrete de Ismael nos minutos 87 e 89.

Con este resultado, o Fabril mantense na segunda praza do grupo con 31 puntos, a 5 puntos do líder Fuenlabrada, que suma 36 puntos. Por detrás vén o Celta B, terceiro con 28 puntos.

Fabril: Francis, Blas, Raúl González, Quique Fornos, Valín, Edu Expósito, Ismael, Queijeiro, Uxío, Martín Bengoa e Borja Galán. Tamén xogaron: One, Romay e Jardel.

A próxima fin de semana toca derbi co Celta B, en Vigo.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0