RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril reencóntrase ante o CD Estradense co bo fútbol e os goles

O Fabril recuperou (4-0) o bo fútbol e os goles ante un CD Estradense inferior durante o noventa minutos deste encontro correspondente á 5ª xornada no grupo play off de ascenso.

Mágoa que o filial deportivista quedase sen opcións matemáticas de chegar a unha das dúas prazas que dan dereito a disputar o play off de ascenso á Segunda División RFEF.

Barba, Yeremay -2- e Javi Sánchez foron os autores dos goles branquiazuis, que aínda puideron ser máis, posto que houbo tres lanzamentos máis aos paus a cargo de Javi Sánchez, Guedes e Pescador.

Con este resultado, o Fabril é quinto na táboa con 37 puntos. A segunda praza está en poder do CD Estradense, con 43 puntos a falta dunha xornada.

Fabril: Alberto, Isra, David Suárez, Juan Rodríguez, Reinoso, Barba, Javi Sánchez, Prendes, Juan Cambón, Guedes e Pescador. Tamén xogaron: Yeremay, Boedo e Jairo.

A próxima fin de semana, o Fabril pon punto e final á temporada en Vigo ante o Rápido de Bouzas.

Os resultados do Fabril nesta fase son os seguintes:

Fabril 1 (Adri Castro) - CD Choco 2
CD Estradense 5 - Fabril 1 (Juan Cambón)
Fabril 1 (Javi Sánchez) - Rápido de Bouzas 1
CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Barba, Yeremay -2- e Javi Sánchez) - CD Estradense 0