RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril reencóntrase coa vitoria na Grela

O Fabril reencontrouse coa vitoria (1-2) na súa visita ao Silva SD, en partido correspondente á 15ª xornada que foi aprazado o pasado 8 de decembro.

Á media hora de xogo, Davo aproveitou unha asistencia de Iano Simão para adiantar ao Fabril, resultado co que se chegou ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, o Silva SD saíu a polo empate e logrouno no minuto 63 por obra de Marcos Gómez.

O filial deportivista amarrou os tres puntos grazas a unha cabezada de Dani Barcia após un saque de esquina, a pouco máis de dez minutos para o final.

Neste derbi coruñés, o Fabril conseguiu romper unha serie negativa con tres partidos consecutivos perdidos e dous adiamentos que o afastaron provisionalmente da zona alta da táboa en Tercera RFEF.

Con este resultado, o Fabril suma 24 puntos e sitúase na sexta posición da táboa.

Fabril: Brais Suárez, Iván Guerrero, Dani Barcia, David Suárez, Juan Rodríguez, Brais Val, Fabio, Víctor, Javi Sanmartín, Iano Simão e Davo. Tamén xogaron: Mario Domínguez, Runy e Juan Cambón.

O Fabril márchase de vacacións de Nadal até o xoves 30 de decembro ás 11:30 en Abegondo. A próxima cita ligueira será o xoves 6 de xaneiro ás 18:00 en Abegondo ante o Atlético Arnoia, en partido correspondente á 14ª xornada aprazado no seu día por un caso de COVID-19 no equipo ourensán.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Fabril - Atlético Arnoia, o 6 de xaneiro ás 18:00 en Abegondo
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)