RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril suma en Arnoia a súa cuarta vitoria consecutiva

O Fabril soubo sufrir e sumou 3 novos puntos en Arnoia (0-3), en partido correspondente á 31ª xornada en Terceira RFEF.

O filial logra así a súa cuarta vitoria consecutiva após derrotar o pasado mércores á SD Sofán (0-3), en partido aprazado da 25ª xornada, e anteriormente tamén ao CD Choco (0-3) e ao CSD Arzúa (2-0).

Un gol de Mario aos 11 minutos de xogo puxo por diante aos fabrilistas, que tiveron que traballar de abondo ante o empuxe dos locais na primeira parte.

Após o descanso, o partido volveuse a pór costa arriba coa expulsión de Iván Guerrero; pero Davo puxo a sentenza con dous novos goles a pesar de estar o filial cun futbolista menos.

Con este resultado, o Fabril continúa apertando para tentar alcanzar as posicións de play off de ascenso. Os de Óscar Gilsanz suman 46 puntos e están a 2 puntos provisionalmente desas posicións.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, Dani Barcia, David Suárez, Juan Rodríguez, Víctor Guerra, Barba, Mario, Iano, Juan Cambón e Davo. Tamén xogaron: Currás, Runy, Brais Val, Fabio e Nájera.

O mércores 13 de abril, o Fabril recibe ao Silva SD en Abegondo a partir das 20:45.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés 1 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
Fabril 0 - Ourense CF 1
SD Sofán 0 - Fabril 3 (Mario, Víctor e Iano Simão)
Fabril 1 (Runy) - SD Xuvenil de Ponteareas 1
CD Barco 1 - Fabril 1 (Javi Sanmartín)
Fabril 0 - Alondras CF 0
UD Somozas 3 - Fabril 1 (Víctor)
CD Choco 0 - Fabril 3 (Juan Cambón e Víctor -2-)
Fabril 2 (Yeremay e Jairo) - CSD Arzúa 0
Atlético Arnoia 0 - Fabril 3 (Mario e Davo -2-)