RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril supera ao Galicia de Mugardos e xogarase cópaa Deputación ante o Bergantiños

O Fabril goleou (0-6) esta tarde ao Galicia de Mugardos e clasificouse para a final da Copa Deputación, inicialmente este mércores 14 de agosto ante o Bergantiños CF, en escenario e hora por determinar.

Luisito puido contar esta tarde cos futbolistas que se adestran cada día con Anquela e que onte deixaron unha grata impresión en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis na final do Trofeo Teresa Herrera: David Sánchez, Gandoy, Javi Sánchez, Bourdal, Mujaid e Valín. Todos eles, ademais de Martí Vilà que onte non chegou a saltar ao terreo de xogo ante os béticos, foron titulares na Pedreira.

Pedro -2-, David Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera -2- foron os goleadores branquiazuis.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Bourdal, Mujaid, Martí Vilà, Kanouté, Javi Sánchez, Gandoy, Pedro, Villares e David Sánchez. Tamén xogaron: Jawed Boumeddane, Parga, Aarón, Novo e Manu Mosquera.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou da Copa Deputación ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final), San Tirso SD (oitavos) e Sporting Sada (cuartos de final).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinare, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanoute e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos): Galicia de Mugardos 0 - Fabril 6 (Pedro -2-, David Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera -2-)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, Fabril - Bergantiños CF